CONSELLO AMBIENTAL DA INFANCIA

 


O Consello Ambiental da Infancia está integrado por unha persoa representante de cada grupo (elixida por maioría) e unha mestra coordinadora. A súa principal función é a de concretar retos ambientais que nos axuden a ter un cole máis sostible. Despois de cada xuntanza, a persoa representante explica o acordado ao seu grupo e buscan o xeito de facelo posible.

No que vai de curso saíron 3 importantes:
🗑1° reto: reducir e intentar eliminar o lixo do patio.
💡2° reto: aforrar enerxía, apagando as luces e as pantallas no recreo.
🧻3° reto: reducir, reutilizar e reciclar o papel.

Tamén lanzamos lecturas 📖, nesta ocasión unha dos Bolechas @osbolechas.oficial que nos axuda a reducir o lixo nas nosas vidas.

🙍‍♀️ Na xuntanza da imaxe acompañábanos Nuria, mestra en prácticas no cole neste curso.

#educacionambiental #voznatura #ceipnetomarazo

Comentarios